Amosando publicacións coa etiqueta enxergando - xeitos de ollar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enxergando - xeitos de ollar. Amosar todas as publicacións

30.7.09

acupuntura urbana

a cidade non é o problema: é a solución.

deixovos con unha mente lúcida que fala e aborda o mundo desde a sinxeleza do importante:

conferencia sobre a cidade


jaime lerner, como alcalde de curitiba (brasil), foi quen de dicir: non facer nada, con urxencia, ás veces chegar a dicir non é a práctica máis difícil de levar a cabo e a máis saludable, pois como el mesmo di [a veces, en la vida de una ciudad amenazada por decisiones que pueden perjudicarla, es necesario no hacer nada, con urgencia]; quizais se primeiro pensaramos e logo actuaramos, as nosas cidades tomarían outra forma e se vivirían doutro xeito.

*

[ a veces, me quedo observando cómo una gota de miel va reuniendo a las hormigas a su alrededor. o cómo, en un bar o una tienda de un barrio muy pobre, la luz y la animación atraen a las personas. pero, sobre todo, son las personas las que atraen a las personas. el ser humano es actor y espectador de este espectáculo diario que es la ciudad.
una buena acupuntura es ayudar a sacar gente a la calle, a crear puntos de encuentro y principalmente, hacer que cada función urbana canalice el encuentro de las personas.

(...)

cuanto más se conciba una ciudad como una integración de funciones, de clases sociales, de edad, más encuentros, más vida tendrá. ]

jaime lerner "acupuntura urbana" (ed. iaac,2004)


***

7.7.09

atopar as (7) diferenzas

.
.


.
.
.
[ errancias ]
.
.
........................................................................[ ... ]
.
.
.

*********************************************
.
.
.
[ (im)posibilidade da (non-)variación, da (in)diferenza ]
.
.
.
.
***


11.4.09

do arriscado de debuxar nun museo

*
Berger, desde a súa escrita sempre lúcida, nos conta como na pascua pasada, ao tentar facer un debuxo dun cadro de Antonello da Messina na National Gallery infrinxiu a seguridade do museo. Ai! da perigosidade da tinta sobre un papel...

ler artigo

a min todo isto lémbroume ao surrealista das peripecias vividas nos traballos de campo, nas que entre as cámaras de fotos, os planos, os metros... eramos enxuiciados polos lugarexos: quen sodes? que buscades? que estades a debuxar? porque non mides millor a casa do veciño tres portas máis abaixo que é ben máis bonitiña? (por non dicir, mide outra calquera que non sexa a miña) ... ou botados a patadas directamente, con cans ou co que cadrara.
recoñezo que a defensa de territorio propio que máis me abrumou foi a dun cura que directamente dixo que na súa igrexa non entraba nin Dios cando alguén lle foi pedir para medila…

entre ser confundido con alguén do catastro ou do fisco por levar uns lápices e un plano ou cun perigo para a seguridade dun museo por levar un lapis e un papel, non vexo moita diferenza, alén de que os habitantes do lugar sentían que defendían o propio, o seu hábitat e os da seguridade do museo, que defendían? non creo que sentiran as pinturas como súas, defenderían a autoridade (outorgadoda polo uniforme ou placa) que sen ninguén sobre quen exercela non ten valor.

isto, faime pensar como o sentimento de propiedade por afecto ou por dereito (conquistado ou outorgado) pode voltarse sobre sí mesmo, aillarse/te, derivando na absoluta incapacidade perceptiva; convertindo a percepción de todo o alleo en perigoso a priori (por manifesta ausencia de relación, e dicir, ignorancia e ausencia de curiosidade).

tamén me leva, novamente, á reflexión sobre os límites e como as cousas non nos pertencen por dereito nin imposición; o que nos pertence non son nin as cousas, nin as persoas, nin os lugares, nin os conceptos ou as ideas… o que nos pertence (mentres a memoria e a emoción nolo permita) e a relación que teñamos tecida ou que vaiamos tecendo con elas.

logo o único que podemos facer é protexer as relacións que nos interesen no tempo, e iso implica actividade, fluxos e intercambios constantes; implica non atrofialas por parálise, nin arrasalas, senón mantelas activas, implica (re/in)acción.

e como esas relacións (para existir) habitúan ter diferentes implicados, digamos que case nada (ou nada) nos pertence autónoma ou exclusivamente; así, as pertenzas entrecrúzanse, entrefiando as propias coas alleas, tecendo o entramado afectivo, sensorial, intelectual e físico que nos envolve.

e así, desde a liberdade das nosas relacións, abertas en maior ou menor grao, co mundo, nos relacionamos coas mesmas cousas, cos mesmos lugares, coas mesmas persoas, coas mesmas ideas… dun xeito diferente cada un de nós.

continuamente, (des/re)territorializamos persoal e socialmente cos nosos afectos a visión da realidade que habitamos ou que queremos habitar con cada xesto do noso habitar. Ben sexa, debuxando algo, falando sobre el, (de/re)construindoo, (re)pensandoo…

deste xeito, a lección da anécdota de Berger, é que a liberdade das nosas relacións non ven dada, hai que conquistala constantemente con xestos cotias de resistencia, coma por exemplo, debuxando algo ainda que non te deixen sinxelamente porque está prohibido.

prohibido por quen? e por que?

non se estaba levando o cadro para casa pero podían terlle quitado o debuxo, mais ninguén poderá roubarlle os movementos trazados coas súas mans e a súa mente ao imaxinar o que debuxaba. Iso, é persoal, lle é propio. É a conquista da súa liberdade relacional.

* * *

24.10.08