28.4.11
pensamentos, tactos outros
.
deixovos o enlace ás conferencias da XXVIII semana da filosofía en pontevedra que se poden ver online.
este ano, filosofía e mentira:
http://aulacastelao.com/multimedia/multimedia/
***
18.5.10
o tacto da distancia
.
[ la mayoría de las fronteras del mundo son invisibles, fronteras verdes, discurren antes en nuestros mapas internos, en nuestras cabezas, se manifiestan en nuestras lealtades y sentimientos de pertenencia. La mayoría de fronteras en el mundo son invisibles: discurren a través de los mares y separan las aguas libres de las territoriales, atraviesan desiertos y agrestes paisajes de montaña donde ni un hito marca territorio. Las fronteras, algo extraordinariamente firme, son al vez lo pensado, lo invisible, lo que existo sólo en nuestra cabeza, en nuestras convenciones y por ellas.] . [principalmente es la frontera entre lo público y lo privado una de las más delicadas y sutiles, al tiempo que sólida: en sus desplazamientos puede leerse la integridad o la erosión de culturas enteras. La frontera entre dentro y fuera subyace al misterio de todo umbral. La incertidumbre que aflora en el trato con fronteras resulta de esa riqueza y multivocidad de significados y referencias: la frontera que incluye, excluye; lo que separa, une; lo que toca es siempre a la vez distancia. No podemos sustraernos a esa paradoja.] .
“en el espacio leemos el tiempo. sobre historia de al civilización y geopolítica"
Karl schlögel, 2003. Bbteca de ensayo siruela 2007
***
5.4.10
teatro
[ o verdadeiro teatro.
o que hai despois de comprender
e non transformar.
soubémolo polas mans. ]
xiana arias
acusación, ed. galaxia 2009
***
23.12.09
7.11.09
(des)enfoques sonoros
[imaxe: B. Berenika ]
Chego tarde. Desconcerto. Desconcertada./ Ritmo. Clima. Delicadeza. Oficio. Cadencia./ Masaxe. Medio. Distancia./ Silencio./ Observación. Desenfoque. Entorno. Audio./ Ubicación. Des-ubicación./ Concerto. Des-concerto./ Silencios (des)contextualizados. Búsqueda relacional. Pacencia. Espera./ Apertura sensorial./ Campás. Territorio./ Ruido. Fábrica./ Acougo./ Dano. Violencia./ Estampida. Ruido. Agresividade./ Presenza tranquila. Manipulación artesanal./ Aillamento cadencioso. Acenos lenes./ (Des)montar non deixando rastro./ Deixando a pegada da non-pegada; a súa ausencia. Espacio para *(s) outr*(s)./ Para compartir o recolectado.
Espello.
Para poucos. Duns cantos. Reflexos múltiples. Eco./ Aire fóra./ Regreso./ Absober. Asimilar. Proceso corporal. Saturación./ Acougo sensorial, mental. Non-acougo físico./ Sono.
Ausencia do recolector/ do manufactor. Do espello transformador dos reflexos silenciosos e ruidosos de nós mesmas./ Presenza do espectador inmóbil. Irreal./ Doente./ Cómico. Ficticio. Real./ Mundo doente./ Sociedade parasitada. Paralizada./
Risa, rescatando-me do ilóxico / da absurda realidade social.
O humor é unha secreción que salva as distancias entre o insalvábel. Habita a diferenza. Refía.
Constrúe relación. Discernimento. Re-acción. Cordura.
***
12.10.09
dans ma peau
Na miña pel coso o mundo, pode lerse nela. como materia sensible que é rexistra todas as pegadas ao seu paso. Pel, receptor de impresións de capacidade infinda. Acubilla a densidade da experiencia infinitesimalmente. Superficie de contacto, de paso, de comunicación. Viva, coma as sebes que debuxan o territorio.
Pel, materia impresionable. Leira cultivable. Distancia habitable. Territorio base. Corpo. Pel. Limiar xerminal para relacionarnos co mundo, para relacionarnos con nós propios.
Neste país todos temos unha leira para facer landart. Todos temos un limiar de relación, unha distancia cultivable. Un lugar desde o que expresarnos, desde onde comunicarnos, onde xerar comunicación. Pel, posibilidade de comunicación, de percepción. Corpo, posibilidade de movemento, de reaxir á incertidume. Pel, medio, medidor, xerador de información e posibilidade de elexir, posicionarse, discernir. ferramenta para o movemento, para a errancia. Posibilidade de supervivencia.
Esquema: schema: es el cuerpo en movimiento, en situación, en vida (como si fuera ya un papel sensible) no es la suma de sus detalles sino tal o cual inflexión. Xesto. Aceno.
*
Sospecha (…) para que un día, quizás, pueda originarse algo nuevo – o que no se origine nada más…………………*………………… La palabra / sólo arrastrará otras palabras, / la frase otras frases. / El mundo así quiere, / definitivamente, /imponerse, / quiere estar dicho ya./ /No las digáis.
*
[Yo lindo aún con una palabra y con otro país,
Yo lindo, aunque poco, con todo cada vez más.]
*
Eu lindo, limio, habito os limiares. Quiasmo. Enxergo. Son, habito, constrúo. Fugo. Erro. Esbozo. Balbuceo.
Toco / (el ojo es engañoso) / hasta saber la forma.
Tacto. Táctil. Contactar. Con-tacto. Tanxencial. Roce. Estímulo. Toda determinación é unha negación. Pulo. Potencia. Nacer. nacer es transformar, transportar y transir todas las determinaciones. Negación. Baleiro. Crear es generar un estado de disponibilidad / en el que la primera cosa creada es el vacío, / un espacio vacío. Baleiro. Distancia. Posibilidade. Khôra. O que hai non existe. Abertura quiasmática. Eu é unha greta. O poema inventa o que non concorda.
O que vemos é a súa consistencia / unha distancia en anos-linguaxe/ … / esa voz é o poema / . / Certo, a voz do animal non pode ser escrita / pero esa non-palabra regresa / / volve / / e se repite / / esa voz era Eu / / ese morfema de sangue / …*… / Salgo a la calle, vestida con mi propia sangre. Sangue, sangue, sangue, consistencia baixo a pel, información, sabor, textura, cor, densidade, olor, son, ritmo, cadencia, fame …………. Baixo a miña pel, pel, pel, pel, na miña pel. Na carne do mundo, a carne do mundo, que me envolve. La visión enfocada nos enfrenta con el mundo, mientras que la visión periférica nos envuelve en la carne del mundo. Na miña pel, carne. Carne baixo a miña pel acubillada na carne do mundo. corpo-mundo. Cosmos. Eu. Nós. Si nuestro cuerpo es aquello a que se aplica nuestra conciencia,/es coextensivo a ella./comprende cuanto percibimos,/ llega hasta las estrellas.
O poema é unha fisura intelixente. Fisura intelixente. Os meus pensamentos son suturas, o meu cerebro unha cicatriz. Cicatriz. Tecido. Enxergamento. Quiasma. Khôra. Entrefiamos na procura de relacións, ao habitar, para sobrevivir. A cicatriz intelixente é dinámica, se adapta ás mutacións, da fisura, da distancia, da diferenza, do que resta… reaxe cultivando a distancia, habitándoa.
fisura intelixente - abertura quiásmatica: implica a diferenza, a heteroxeneidade, os restos. É posibilidade. É a posibilidade de supervivencia, de liberdade de movemento, de orientación e polo tanto de discernimento e decisión.
Existir no reverso. Camiñar pola fita de moebius. Percepción desenfocada. O medio é a masaxe. Envoltos na carne do mundo. unha carne de densidade proporcional á nosa capacidade perceptiva, á nosa capacidade impresionable, ás pegadas que deixamos quedar en nós, aquelas que habitamos. Esa densidade é o noso hábitat, é o ecotono que contribuimos a construir nos limiares entre nós e *(s) outr*(s). cos nosos movementos, porque non sabemos estar parados.
*
levantamos la vista para contemplar una procesión de mujeres y niños que volvían de recoger forraje. Los críos pequeños se balanceaban apaciblemente entre los pliegues de los vestidos de sus madres.
-Nunca los oyes llorar mientras su madre sigue moviéndose- comentó Marian.Había tocado, sin saberlo, uno de mis temas favoritos.
- Y si los críos no soportan quedarse quietos, ¿cómo podremos asentarnos luego? - pregunté
*
O vaivén. O berce. O balbuceo. O esquezo. O esquizo. O esquema. O esbozo. A errancia. A xerga.
O medio é a masaxe. A pel. O corpo en movemento. O vai-vén.
*
Se é así: que un poema é o bordo sonoro e de sentido no que un idioma limita co seu fóra , que os idiomas foron construídos polos corpos para poder saber de si, entón o poema ven sendo aquela zona da linguaxe que entra en contacto cos corpos e tocar un corpo é movelo (emocionalo), a emoción altera os corpos e polo tanto o curso da historia.
A linguaxe é unha pel, eu froto a miña linguaxe contra o outro.
Pel, pel, pel. Na miña pel. No sensible. No medio. No entre. No inter. Nos interlands. Nas terras por cultivar. Nas leiras nas que leirar. En nós. Desde nós. A partir de nós.
Leirar. Falar.
Política.
* * * collage. retallos de: marina de van. ingeborg bachmann. chus pato. roland barthes . heiner müller. jean-luc nancy. baruch spinoza. josé ángel valente. henri bergson. maurice merleau-ponty. juhani pallasmaa. bruce chatwin. marshall mcluhan. jacques derrida..., eu (refiando)
30.7.09
acupuntura urbana
deixovos con unha mente lúcida que fala e aborda o mundo desde a sinxeleza do importante:
conferencia sobre a cidade
jaime lerner, como alcalde de curitiba (brasil), foi quen de dicir: non facer nada, con urxencia, ás veces chegar a dicir non é a práctica máis difícil de levar a cabo e a máis saludable, pois como el mesmo di [a veces, en la vida de una ciudad amenazada por decisiones que pueden perjudicarla, es necesario no hacer nada, con urgencia]; quizais se primeiro pensaramos e logo actuaramos, as nosas cidades tomarían outra forma e se vivirían doutro xeito.
*
[ a veces, me quedo observando cómo una gota de miel va reuniendo a las hormigas a su alrededor. o cómo, en un bar o una tienda de un barrio muy pobre, la luz y la animación atraen a las personas. pero, sobre todo, son las personas las que atraen a las personas. el ser humano es actor y espectador de este espectáculo diario que es la ciudad.
una buena acupuntura es ayudar a sacar gente a la calle, a crear puntos de encuentro y principalmente, hacer que cada función urbana canalice el encuentro de las personas.
(...)
cuanto más se conciba una ciudad como una integración de funciones, de clases sociales, de edad, más encuentros, más vida tendrá. ]
jaime lerner "acupuntura urbana" (ed. iaac,2004)
***
3.6.09
o que non existe
con isto, venme á memoria o que dicía derrida (a propósito de khôra), “o que hai, non existe”; será por iso que non o vemos, ou mellor dito, será por iso que nos custa tanto enuncialo. Pero tamén aí, na imposibilidade da definición, é onde emerxe a oportunidade de redefinilo cada vez, de percibilo novamente ou dun novo xeito en cada contacto, porque o que hai non existe, por iso o intanxible é tan presente desde a súa ausencia; porque hainas, experiencias, sensacións, vivencias, memorias… pero non existen, só toman vida desde os nosos intentos de enunciación, de (re/de)limitación, de (des/re)territorialización constante; ao final iso é a política, iso é a vida, iso é enunciar, acordar enunciados, lindes, normas, camiños… que serven mentres as enunciacións colectivas ou incluso as individuais (que tamén mudan) conflúen; cando diverxen, estanse tecendo outros hais, ainda que tampouco existan; quizais non é tan importante a consistencia física real dos hais, penso que ésta é trasladada aos nosos corpos, que a materializamos coas nosas expresións físicas, verbais, xestuais….
o que hai non existe fóra da percepción, por iso materialízase en nós e a través nosa, abránguenos e o abranguimos. Atravesamos e somos atravesados polo que hai, polo que pasamos, polo que pasa, polo que pesa, polo que pensamos, como dicía nancy; ainda que non exista como algo asible.
é o fiar e refiar constante da nosa vida, é o ritmo que nos pauta a capacidade de aprehender e enxergar o que nos rodea.
o que hai é o que habitamos, é onde habitamos, é o que construimos habitando; é o que nos pasa, é o que nos pesa, é o que pensamos, pero que non podemos agarrar. E aquí venme á cabeza, de súpeto, aquel construir-habitar-pensar de heiddeger que era un todo un desde a raíz etimolóxica do alemán, e que ben pode explicar desde a connotación material da construción, o que significa (polo menos para min) este hai que non existe.
e así, coa connotación, regreso ao obtuso de barthes con que comecei, onde o despoxamento do que sobra deixa ver a redondez das cousas, a sinxeleza do que hai, que só pode ter lugar pola connotación desde cada un de nós. Esta connotación, é a materia das subxectividades persoais, individuais; e o refiado delas, é a xerga ou sustrato sobre a que nos movemos, é a nosa brúxula e polo tanto o mapa da nosa liberdade.
***
5.5.09
os meus pensamentos son suturas...

jeunesse d'hamlet 2007, 10'
hai pouco vin este fantástico corto de nicolas klotz e elisabeth perceval onde catro mozos son interrogados mentres fóra se queiman coches e o exército trata de restablecer a orde (coincidíu coa época das revoltas nos barrios obreiros en parís hai poucos anos).
os mozos adoptan as personaxes shakesperianas adaptadas da obra de heiner müller máquina hamlet de 1977.
coma o corto está en francés e non está subtitulado deixovos o link a estoutro blogue onde está traducida a obra, son básicamente catro monólogos, para que poidades seguilos; o texto non ten desperdicio.
deixovos co texto de ofelia:
[Yo soy Ofelia. Aquella que el río no contuvo. La mujer colgando de la soga. La mujer con las arterias abiertas. La mujer de la sobredosis. La mujer con la cabeza en el horno. Ayer por fin dejé de suicidarme. Ahora estoy sola con mis pechos mis muslos mi útero. Destrozo el instrumental de mi cautiverio, la silla la mesa la cama. Destruyo el campo de guerra que era mi hogar. Arranco las puertas para que el viento deje entrar al grito del mundo. Destrozo la ventana. Con mis manos sangrantes rompo las fotografías de los hombres que amé y me usaron sobre la cama la mesa la silla el piso. Incendio mi prisión. Tiro mis vestidos al fuego. Arrojo al reloj que fue mi corazón fuera de mi pecho. Salgo a la calle, vestida con mi propia sangre.]
e un fragmento de hamlet:
[Ya no quiero comer beber respirar amar a una mujer a un hombre a un niño a un animal. Ya no quiero morir. Ya no quiero matar.
Desgarro mi carne sellada. Quiero reposar en mis venas, en la médula de mis huesos, en el laberinto de mi cráneo. Me retraigo hacia mis entrañas. Me abrigo en mis excrementos, en mi sangre. En alguna parte están descuartizando cuerpos para que yo pueda sentarme sobre esta mierda. En alguna parte están descuartizando cuerpos para que pueda estar por fin solo con mi sangre. Mis pensamientos son suturas. Mi cerebro es una cicatriz. Quiero ser una máquina. Los brazos aferran las piernas desplazan, ningún dolor ningún pensamiento. ]
*
...
*
a rapaza do semáforo no corazón

esta noite, regresando do cine, atopeime con ela…
…quedei coa dúbida, de si a cidade marcaba o ritmo do seu corazón; ou se pola contra, o seu latexar xeraba o son da vida urbana…
…non había ninguén nas rúas coma é habitual na madrugada dun luns nesta cidade, pero a ela, iso dáballe igual; alí estaba, rítmicamente dando paso, dubidando ou negando o acceso cara só sabe ela onde…
cidade real ou ficción?
[descoñezo a realidade]
a rapaza, non ten nome.
* * *
[...o anuncio, di que caixagaliciouse e xa non ten frío; a min, dame qué pensar a frialdade con que alguén lle espetou un semáforo no corazón... ]
o certo é que podería ser unha instalación urbana (de feito éo), pero a verdade é que non creo que quen montara o cartaz pensara onde caía o semáforo alén de coincidir nunha xunta de montaxe da foto para facilitalo seu traballo.
por sorte, o azar aporta novos sentidos, abre novos horizontes e acorda á nosa reflexión con pequenas acupunturas practicadas coas agullas da casualidade.
*
11.4.09
do arriscado de debuxar nun museo
Berger, desde a súa escrita sempre lúcida, nos conta como na pascua pasada, ao tentar facer un debuxo dun cadro de Antonello da Messina na National Gallery infrinxiu a seguridade do museo. Ai! da perigosidade da tinta sobre un papel...
ler artigo
a min todo isto lémbroume ao surrealista das peripecias vividas nos traballos de campo, nas que entre as cámaras de fotos, os planos, os metros... eramos enxuiciados polos lugarexos: quen sodes? que buscades? que estades a debuxar? porque non mides millor a casa do veciño tres portas máis abaixo que é ben máis bonitiña? (por non dicir, mide outra calquera que non sexa a miña) ... ou botados a patadas directamente, con cans ou co que cadrara.
recoñezo que a defensa de territorio propio que máis me abrumou foi a dun cura que directamente dixo que na súa igrexa non entraba nin Dios cando alguén lle foi pedir para medila…
entre ser confundido con alguén do catastro ou do fisco por levar uns lápices e un plano ou cun perigo para a seguridade dun museo por levar un lapis e un papel, non vexo moita diferenza, alén de que os habitantes do lugar sentían que defendían o propio, o seu hábitat e os da seguridade do museo, que defendían? non creo que sentiran as pinturas como súas, defenderían a autoridade (outorgadoda polo uniforme ou placa) que sen ninguén sobre quen exercela non ten valor.
isto, faime pensar como o sentimento de propiedade por afecto ou por dereito (conquistado ou outorgado) pode voltarse sobre sí mesmo, aillarse/te, derivando na absoluta incapacidade perceptiva; convertindo a percepción de todo o alleo en perigoso a priori (por manifesta ausencia de relación, e dicir, ignorancia e ausencia de curiosidade).
tamén me leva, novamente, á reflexión sobre os límites e como as cousas non nos pertencen por dereito nin imposición; o que nos pertence non son nin as cousas, nin as persoas, nin os lugares, nin os conceptos ou as ideas… o que nos pertence (mentres a memoria e a emoción nolo permita) e a relación que teñamos tecida ou que vaiamos tecendo con elas.
logo o único que podemos facer é protexer as relacións que nos interesen no tempo, e iso implica actividade, fluxos e intercambios constantes; implica non atrofialas por parálise, nin arrasalas, senón mantelas activas, implica (re/in)acción.
e como esas relacións (para existir) habitúan ter diferentes implicados, digamos que case nada (ou nada) nos pertence autónoma ou exclusivamente; así, as pertenzas entrecrúzanse, entrefiando as propias coas alleas, tecendo o entramado afectivo, sensorial, intelectual e físico que nos envolve.
e así, desde a liberdade das nosas relacións, abertas en maior ou menor grao, co mundo, nos relacionamos coas mesmas cousas, cos mesmos lugares, coas mesmas persoas, coas mesmas ideas… dun xeito diferente cada un de nós.
continuamente, (des/re)territorializamos persoal e socialmente cos nosos afectos a visión da realidade que habitamos ou que queremos habitar con cada xesto do noso habitar. Ben sexa, debuxando algo, falando sobre el, (de/re)construindoo, (re)pensandoo…
deste xeito, a lección da anécdota de Berger, é que a liberdade das nosas relacións non ven dada, hai que conquistala constantemente con xestos cotias de resistencia, coma por exemplo, debuxando algo ainda que non te deixen sinxelamente porque está prohibido.
prohibido por quen? e por que?
non se estaba levando o cadro para casa pero podían terlle quitado o debuxo, mais ninguén poderá roubarlle os movementos trazados coas súas mans e a súa mente ao imaxinar o que debuxaba. Iso, é persoal, lle é propio. É a conquista da súa liberdade relacional.
* * *
29.3.09
cultivar é habitar a distancia
A cultura é unha interpretación da realidade, a nosa, e a través da historia escrita e física chega até nós a cultura dos nosos antergos, é dicir, outras interpretacións (de pensamento, arte, arquitectura, de xeitos de vida, culturas socioeconónicas...), porque ela é a adaptación ao medio para a supervivencia; unha interpretación del e a resposta que somos quen de dar. Por iso entendo que a cultura está na vida, é a nosa forma de vivir.
Para min a cultura non deixa de ser un entretecido de relacións (físicas, intelectuais e emocionais), persoais e compartidas, construídas e elaboradas no tempo para acadar liberdade de movemento e o acubillo das referencias no inabarcable do mundo e da vida.
É algo en transformación constante, constrúe o futuro, o fai presente.
É a constante redefinición e reinterpretación dos límites, a súa (de/re)construcción, é o proceso de convertilos en limiares, en espacios de relación, en lugares habitados. Cultivar é transformar e habitar ao mesmo tempo eses limiares entre cada un de nós e o outro. Cultivar é habitar a distancia.
Ás veces esas distancias precisan ser cultivadas por máis dunha persoa para poder redefinir os límites e poder ser habitada, nese intre abrolla a cultura social.
Cultivar é habitar a distancia, é habitar a diferencia, por iso cultivamos unha amizade, un afecto (a distancia entre nós e o outro); un campo ermo (a distancia entre nós e o alimento); cultivamola arte, a linguaxe…, a comunicación (a distancia entre as nosas percepcións e as nosas posibilidades de expresar e codificalo que sentimos)…
A cultura é a construcción e perfeccionamento da comunicación para a supervivencia; é a transformación da incomunicación nun lugar de encontro, de referencia e de protección; é convertila desorientación no acougo que aporta o discernimento, na liberdade de decisión.
Por iso a cultura nos libera, porque nos permite interpretar e decidir. Permítenos sobrevivir, transformándonos, sen deixar de ser quen somos.
.
19.3.09
prender e soltar
“Marzke remonta la aparición del Homo faber en la tierra al momento en que , por así decir, alguien puede prender cosas con firmeza a fin de procesarlas…”
“…hay un problema en torno a la prensión, particularmente importante para las personas que desarrollan una técnica manual avanzada: el de soltar. En música, por ejemplo, sólo es posible tocar con rapidez y limpieza si se aprende a soltar una tecla del piano o a retirar el dedo de una cuerda o de un pistón. De la misma manera, desde el punto de vista mental, necesitamos aprender a tomar distancia de un problema, a soltarlo, en general por un tiempo, para apreciar mejor de qué se trata y volver luego a cogerlo con nueva actitud. Hoy los neuropsicólogos creen que la capacidad, tanto física como cognitiva, de soltar, de liberar algo, subraya la habilidad para tomar distancia respecto de un temor o de una obsesión. Soltar o liberar tiene también implicación ética, como cuando renunciamos al control (la prensión, grip) de otras personas.”
(dentro do título “la mano inteligente. Cómo la mano se hizo humana. Asir y tocar” no seu último libro “el artesano” editado por anagrama en 2009)
Fala da relación entre o cerebro e a man, da coordinación entre o prender e o soltar para dar lugar ao movemento, á transformación, ao pensamento; e fala do soltar desde o despoxamento, tanto para poder seguir adiante coma para poder voltar. Fala da experimentación, e da ausencia de prexuizos ao error, da adaptación; fala da vida.
.
o libro baixo o meu punto de vista é moi interesante, de xeito que se alguén ten curiosidade ...
.
18.3.09
as palabras (2)
a cultura, nós.
Ao mesmo tempo, as palabras, albergan a memoria da historia que as trouxo até nós.
Así, a través delas transmítese unha historia viva, unha memoria colectiva herdada mais tamén por construir. Unha memoria que non é pasado, albergao pero é ferramenta de construcción do futuro mediante a posibilidade de supervencia que nos dá no presente.
A lingua é movemento, non fica parada porque en sí é un fluxo de accións do pensamento e da comunicación. Por iso non pode ser estática, non pode deterse sen pretender paralizar tamén a cultura que transmite e que constrúe.
Ao pronunciar cada un dos verbos que teñen a súa orixe na construcción do territorio que nos trouxo ata hoxe: cultivar, chantar, leirar, soutar, terrear, sobradar, camiñar… non podemos senón mascar o sabor do po desa terra que os víu xurdir como sinais dela e como recursos para tornala habitable.
Ao pronunciar cada un dos nomes dos camiños, límites, limiares, lugares…, sinos que enxergan a rede do territorio (carreiro, congostra, derrego, valado, sebe, cómaro, eira, leira, faladoiro, solaina, patín…) non podemos evitar tecer na nosa boca o mapa que debuxan, e seguir co noso pensamento os matices que entreles hai e que ordenaban o inabarcable, conferíndonos (e acadando) a libertade de movemento nun espacio referenciado, cultivado e culto. Pero esta construcción é inmensamente fráxil, e, ao igual que a lingua é o reflexo dunha cultura, é transmisora da memoria aprendida cos anos empíricamente (experimentando e innovando), que non está morta, está viva; ainda, senón nos permitimos asistir inmoveis á súa degradación paulatina, e nalgúns casos irreversible.
Eu me pregunto se tanta defensa da nosa lingua terá algún sentido se non se defende a continuidade (actualizada evidentente) dunha construcción do territorio que medrou con ela, e dun xeito de entendelo medio que lle é propio, e que é o que lles permitiu sobrevivir aos nosos antergos a través da contrucción da cultura que hoxe pretendemos defender.
E con isto non defendo o ancoramento no pasado (museificación), tampouco deitalo fóra (arrasalo); senón transformalo en futuro a través da construcción colectiva da nosa cultura. A cultura ou está viva ou é historia.
Xa sei que non conto nada novo, pero é que, ás veces, pregúntome senón estaremos esquecéndonos do máis obvio, do que temos diante, do que somos.
