[imaxe: B. Berenika ]
Chego tarde. Desconcerto. Desconcertada./ Ritmo. Clima. Delicadeza. Oficio. Cadencia./ Masaxe. Medio. Distancia./ Silencio./ Observación. Desenfoque. Entorno. Audio./ Ubicación. Des-ubicación./ Concerto. Des-concerto./ Silencios (des)contextualizados. Búsqueda relacional. Pacencia. Espera./ Apertura sensorial./ Campás. Territorio./ Ruido. Fábrica./ Acougo./ Dano. Violencia./ Estampida. Ruido. Agresividade./ Presenza tranquila. Manipulación artesanal./ Aillamento cadencioso. Acenos lenes./ (Des)montar non deixando rastro./ Deixando a pegada da non-pegada; a súa ausencia. Espacio para *(s) outr*(s)./ Para compartir o recolectado.
Espello.
Para poucos. Duns cantos. Reflexos múltiples. Eco./ Aire fóra./ Regreso./ Absober. Asimilar. Proceso corporal. Saturación./ Acougo sensorial, mental. Non-acougo físico./ Sono.
Ausencia do recolector/ do manufactor. Do espello transformador dos reflexos silenciosos e ruidosos de nós mesmas./ Presenza do espectador inmóbil. Irreal./ Doente./ Cómico. Ficticio. Real./ Mundo doente./ Sociedade parasitada. Paralizada./
Risa, rescatando-me do ilóxico / da absurda realidade social.
O humor é unha secreción que salva as distancias entre o insalvábel. Habita a diferenza. Refía.
Constrúe relación. Discernimento. Re-acción. Cordura.
***
2 pasar(es):
¿Experimento? ¿Improvisación? ¿depuración extrema? ¿o rei vai espido? ¿Duchamp redivivo? Fusión de Zorn e Walter Benjamín, Coltrane e Deleuze, Can e Debord, que devolve a nosa imaxe velada. “Xa non hai traxedia na miña vida, non podo escribir máis cancións”, dicía o vello auriga Reed e a in(ter)ferencia ruidista é outro apéndice final do capitalismo. Ocupamos a nosa terra, o espazo dun silencio amplificado que comprende transgresión, obstáculo maquínico, itinerancia gozosa (aínda que dolente), simulacro ou remedo polo que vivimos unha mínima hora da verdade. En expresión de Roland Barthes, a abolición da polisemia (a claridade) está ao servicio da lei. E toda palabra está ao servicio da lei. E o contexto empaña as nosas experiencias, descubrindo unha construcción impecable, o sentido último de toda alteración auditiva, a conversión do espazo intanxible en valor, plusvalía, elemento capital. O tiempo sera agora a simplificación vertebrada do capital: proveito e practicidade; rexeite da experiencia e reduccionismo terminal.
A Historia erguese sobre as nosas limitacións e respondemos con candorosa inercia. Mais a inocencia morreu ou o candor non existe. Culpables e responsables das nosas heces, ruidos dun sistema nervioso alterado, quizáis por sempre corrompido. Poesía, negación do traballo, interrupción do devir finxido que tecemos con obstinada impunidad.
A insurrección, non obstante, aconteceu.
agradezo ben que compartas as túas palabras sobre o concerto. é interesante poder achegarse ás reflexións alleas sobre as mesmas experiencias.
Enviar um comentário