8.5.09

indignación

.

Horacio Potel

o outro día procurando un texto de derrida na rede, atopeime que a páxina referenciada no texto que estaba lendo se atopa clausurada pola CAL (cámara arxentina do libro).

a páxina en cuestión (derrida en castellano) está xestionada polo profesor Horario Potel, xunto con outras dúas sobre Heidegger (heidegger en castellano) e Nietzsche (nietzsche en castellano), esta última a única que non lle pecharon porque xá van máis de cen anos desde a morte del e xa non hai dereitos de autor.

a cuestión é que desde decembro de 2008 está encausado por compartir textos na rede, os sites de derrida e heidegger censurados e o fiscal pedíu que se lle interviran os teléfonos e mails e o allanamento da súa casa.

deixovos unha entrevista na que fala da situación en que está:
entrevista a horacio potel

e deixovos outro blogue: cultura libre no que se explica como acceder aos textos censurados por outras vías.


***

hoxe ademáis lin no blogue de juan freire : nómada, un artigo sobre a tomadura de pelo que pretende ser a dixitalización da educación neste país; mercantilización do libre acceso dixital.

e para rematar me atopo en el país con outro artigo sobre como a sgae se leva unha porcentaxe dos actos benéficos .
...
e ao fío disto, de súpeto, venme á mente tamén aquela empresa de sementes estadounidense que pretende patentar as cabazas ler artigo .

.***
.
ata cando a práctica da usura cos pensamentos, músicas, alimentos...?
.
ata cando esta cultura da usura amparada polas lexislacións e organismos públicos para a defensa da cultura? defensa de que cultura?
.
ata cando?
.
(...)

***