5.5.09

a rapaza do semáforo no corazón

(consecuencias da vida urbana)




esta noite, regresando do cine, atopeime con ela…


…quedei coa dúbida, de si a cidade marcaba o ritmo do seu corazón; ou se pola contra, o seu latexar xeraba o son da vida urbana…

…non había ninguén nas rúas coma é habitual na madrugada dun luns nesta cidade, pero a ela, iso dáballe igual; alí estaba, rítmicamente dando paso, dubidando ou negando o acceso cara só sabe ela onde…

cidade real ou ficción?
[descoñezo a realidade]

a rapaza, non ten nome.


* * *

[...o anuncio, di que caixagaliciouse e xa non ten frío; a min, dame qué pensar a frialdade con que alguén lle espetou un semáforo no corazón... ]

o certo é que podería ser unha instalación urbana (de feito éo), pero a verdade é que non creo que quen montara o cartaz pensara onde caía o semáforo alén de coincidir nunha xunta de montaxe da foto para facilitalo seu traballo.
por sorte, o azar aporta novos sentidos, abre novos horizontes e acorda á nosa reflexión con pequenas acupunturas practicadas coas agullas da casualidade.

*