2.6.09

uma cidade

.




un ordenador se colapsa e a reorganización faise imprescindible, aderezámola con pacencia e a vontade de que a partir de agora todo teña un pulo máis constante e equilibrado.

dentro do proceso, revisar a información importante, abrir discos, carpetas... e aparecen pasados algo lonxanos que xa non cabían dentro dun disco duro ao límite; entre as memorias redescubertas, o ceo dunha lisboa que me aportou un aire máis doado de respirar; a plenitude da súa luz non fun quen de capturala en ningunha das fotografías que tirei, tampouco o son da vida nunha cidade habitada tanto dentro como fóra dos límites arquitectónicos das súas vivendas, que máis que aillar, peneiraban a intimidade compartida na experiencia de habitala; o arrecender da roupa tendida nas angostas ruelas para protexerse do sol só pode traerme unha sensación de liviandade que me reconforta.

nestas fotos só acadei abranguir algo do aire que constitúe o ceo, un aire seco e leve que agarima ao rozar a pel; un aire que transporta unha luz que toma vida ao reflexarse nas fachadas desta cidade tendida sobre o tejo.





um ar que traz-me à memória muitas esplanadas, passeios, tostas, imperiais, fotos, sorrisos, parques, amizades, livros, jazz, praçetas, mitras, comidas, muitas comidas, licores e bolos borrachos; a experiencia de conhecer o mundo partilhando, desde a cozinha e a rua, pequenos almoços, almoços, lanches, jantares e petiscos variados.

cheguei alí coa vontade de aprender algo dos jeitos e a sensibilidade do urbanismo português numa escola que resultou erma; mas afortunadamente, a casualidade fiz-me tropezar com gente que achegou-me esta aprendizagem desde a vida. tudo começou com uns pauçinhos salgados numa conferência na ler devagar, obrigada xana.





***